FROITA DA TEMPADA 2º ESO

🍌🍓 FROITA DA TEMPADA🍏🍊

ALUMNADO 2º ESO











4 DE MARZO, DÍA MUNDIAL CONTRA OBESIDADE

📆 Hoxe, 4 de marzo, é o Día mundial contra a obesidade. Desde a Organización Mundial da Saúde recomendan estes 3 hábitos para previla:

1- Limitar o consumo de graxas e azucres. ❌ 🥐🍭🌭🍟
2- Tomar máis froitas e verduras. ✅ 🍌🍎🥑🥦
3- Facer actividade física regular. ✅ 🤸⛹️‍♀️🏊‍♂️🚴‍♀️


Non o demores máis, nutriactívate co Macías e súmate a un estilo de vida saudable!!

SESIÓNS NUTRIESCOLAS POLAS AULAS

💁‍♀️ Seguimos coas sesións do noso proxecto, Nutriactívate co Macías!

Nas primeiras sesións, alumnas e alumnos de Proxecto Competencial de 1º e 2º ESO presentaron o proxecto en cada unha das clases de referencia, e explicaron aos compañeiros/as como cubrir a enquisa de hábitos alimentarios. Tamén o alumnado de 1º ESO impartiu esta sesión no grupo de 3º PDC.

Desta vez, o alumnado 1º ESO (tamén da materia de PC) impartirá un obradoiro sobre o manexo do Nutri-score no grupo de 3º PDC, unha ferramenta empregada en España para orientar as persoas consumidoras sobre a información nutricional dos produtos.

Imaxe tomada de boticariagarcia.com

Esperamos que vos guste! Deixade comentarios!!  💻

👀 Actualización! aquí tedes un par de fotos destas sesións:

                  

CARTACES FROITA DE TEMPADA ALUMNADO PC 1º ESO

🥑🍎🍐🍊Velaquí os cartaces de Froita de Tempada elaborados polo alumnado da materia de Proxecto Competencial de 1º ESO. 

👀 Non lles perdas ollo!






FROITA E LEITE NA ESCOLA: 1ª quenda

👏😋 Xa está está en marcha no Macías o programa FROITA E LEITE NA ESCOLA!!

Nesta 1ª quenda, que comezou o xoves 25 de xaneiro durante os 2º recreos, a protagonista é a mazá (ademais do leite, claro!). Animádevos a coller a vosa peza de froita e o voso cartón de leite, produtos saudables, de tempada e cercanía. 🍏🥛

💁‍♀️ Para lembrar en que consiste este programa, deixámosvos esta ligazón á entrada que preparou o alumnado no 1º trimestre:

https://nutriactivatemacias.blogspot.com/search/label/Froita%20e%20leite%20na%20escola

Enquisa hábitos alimentarios alumnado 3º-4ºESO

 📢 Toca coñecer os hábitos alimentarios do alumnado do Macías!!

Imaxe tomada de vanguardia.com

🗒️ Para isto, empregando o material do Plan Proxecta (proxecto Nutriescolas) deseñamos un cuestionario que permitirá coñecer algúns aspectos relacionados coa alimentación. 

RECEITAS DE NADAL 1º ESO

Ho ho ho!! 🎅🎄

Chega o Nadal, e temos novas propostas de receitas elaboradas polo alumnado da materia de Proxecto competencial de 1º ESO.

Aquí as tedes. A tomar nota e... a probalas!! ✍ 😋