RECEITAS DE SAMAÍN 1º ESO

🧟‍♀️🎃🧟‍♂️ Xa estamos de S A M A Í N!!

Seguindo co obxectivo deste proxecto, buscamos para gozar tamén dun samaín saudable 🥝🍌, así que o alumnado de Proxecto competencial de 1º ESO quere propoñervos estas receitas, nas que estivo traballando nas últimas sesións.

E vós, animádesvos a probalas??

          

          

                              

RECEITAS DE SAMAÍN 2º ESO

 RECEITAS DE SAMAÍN🍴🍪🎃

2º ESO

Futurlife propón ideas moi interesantes, pero... e o noso ALUMNADO DO MACÍAS que???

Velaquí vos amosamos as receitas saudables propostas por 2º eso A/B!!


E TI, VAS FACER UNHA ESCOLLA SAUDABLE ESTE SAMAÍN?😉


Cal dirías que foi o ingrediente estrela no alumnado de 2º eso?? 💭







David, Samuel e Elías






BOO!!!🎃💀👻



 AS REDES SOCIAIS...


Si... neste mundo das novas tecnoloxías, redes sociais... tamén se poden atopar grandes cousas!!

Por exemplo, temos a unhas grandes da nutrición. Elas son Eleni e María (nai e filla), coñecidas profesionalmente como Futurlife 🍏 (Instagram; futurlife21).




Nesta ocasión, tendo en conta que se aproxima o samaín... propoñen unhas receitas saudables, nutritivas... e ESTREMECEDORAS 😱



Ratos con arroz:


Cemiterio de arañas doces:



Cabazas de salmón:



"Futurpés" ou pés de Frankenstein...




Futurcemiterio:


Os zombi polos:


Caveira de hummus:




DELICIOSO!👌



NUTRIACTIVATE CO MACÍAS








O nutri-score

  • Que é o Nutri-score? 💁🏻‍♀️

O Nutri-score foi proposto por EREN, un equipo de investigación sobre nutrición pública francesa, dirixido polo profesor Serge Hercberg. Baséase na puntuación nutricional da FSA (Food Standards Agency) do Reino Unido.


  • É útil o Nutri-score? 🤔

O Nutri-score ás veces pode ser moi confuso debido a cousas coma estas...

                           

O Nutri-score é unha ferramenta moi útil se comparas a mesma clase de produtos. Ex.: galletas con galletas, iogures con iogures.

⚠️ O IMPORTANTE: aprender a ler as etiquetas e optar por produtos frescos, de tempada e cercanía.

Neste proxecto, apostamos por unha alimentación saudable e responsable🥝🍌🥑🍇             

           

O prato de Harvard

O PRATO DE HARVARD

O prato de Harvard é un prato que substitúe e mellora a tradicional pirámide alimentaria, creado para cambiar o noso concepto de como é unha dieta equilibrada.

Os expertos en nutrición da Escola de Saúde Pública de Harvard crearon esta guía para comer de maneira saudable e equilibrada, válida para nenos, adultos e anciáns. Non é necesario aplicar estrictamente esta distribución en cada inxesta, pero debería servirnos como base para o reparto de nutriente ao largo da xornada e nas comidas principais, xa sea na casa, no colexio, no traballo, nun restaurante, etc.

Levar unha vida activa e unha alimentación saudable e adecuada as nosas necesidades é unha das mellores medidas preventivas para manter unha boa saúde e evitar a aparición de enfermedades non transmisibles como a diabetes, algúns tipos de cancro ou enfermidades cardiovasculares.

Organización do prato de Harvard

·A metade do prato deben ser vexetais e froitas.

Recomendase ir variando o tipo de froitas e verduras e optar por un consumo en cruo ou priorizando técnicas de cocción máis saudables como o forno, a cocción ao vapor e á plancha. Para aproveitar ao máximo o seu sabor e propiadades hai que buscar froitas e verduras de tempada. Ollo, a pataca e o boniato non se inclúen neste grupo. 

·Un cuarto do prato serán hidratos de carbono complexos.

Debemos escoller grans integrais ou alimentos elaborados con grans integrais (pan integral, pasta integral, etc.). Tamén podemos incluir féculas como a pataca ou o boniato, preferiblemente asados ao vapor.

·Un cuarto do prato para as proteínas.

Limita o consumo de carne vermella e prioriza o de pescados, ovos, aves, legumes ou proteína vexetal. Débense evitar as carnes procesadas como embutidos, beicon, etc.

Imaxe tomada de: www.exponential.academy/blog

Informándonos: que é a alimentación saudable?

 Unha alimentación saudable consiste en inxerir unha variedade de alimentos que acheguen os nutrientes que se necesitan para manter unha vida sa, sentirte ben e ter enerxía.

 Taller Nutrición y Conciencia: una alimentación saludable y rica es posible  - AFDA

Estes nutrientes inclúen: as proteínas, os carbohidratos, as graxas, a auga, as vitaminas e os minerais.

Entre as consecuencias de teren unha mala alimentación, destacan: enfermidades cardiovasculares (como o infarto de miocardio e os accidentes cerobrovasculares, a miúdo asociados a hipertensión arterial), algúns cancros e diabetes.

Recomendámosvos visitar algunhas destas páxinas relacionadas co consumo saudable e responsable de alimentos:

Benvida a toda comunidade educativa!

📢 Arranca o noso proxecto sobre alimentación saudable e vida activa, que leva por título Repensa a túa despensa e actívate co Macías! Con el formamos parte da comunidade do Plan Proxecta+, dentro do programa Nutriescolas.


O alumnado da materia de Proxecto Competencial de 1º ESO A e B, e 2º ESO A e B dinamizará este blog para poder visibilizar o traballo desenvolvido ao longo deste curso 2023-2024:

N U T R I A C T Í V A T E    C O    M A C Í A S

Os departamentos coordinadores serán Bioloxía e Xeoloxía e Educación Física, e contarán coa colaboración dos titores e titoras dos grupos, traballando así as diferentes competencias clave de xeito interdisciplinar.

C O M E Z A M O S!! 😊