Benvida a toda comunidade educativa!

📢 Arranca o noso proxecto sobre alimentación saudable e vida activa, que leva por título Repensa a túa despensa e actívate co Macías! Con el formamos parte da comunidade do Plan Proxecta+, dentro do programa Nutriescolas.


O alumnado da materia de Proxecto Competencial de 1º ESO A e B, e 2º ESO A e B dinamizará este blog para poder visibilizar o traballo desenvolvido ao longo deste curso 2023-2024:

N U T R I A C T Í V A T E    C O    M A C Í A S

Os departamentos coordinadores serán Bioloxía e Xeoloxía e Educación Física, e contarán coa colaboración dos titores e titoras dos grupos, traballando así as diferentes competencias clave de xeito interdisciplinar.

C O M E Z A M O S!! 😊

No hay comentarios:

Publicar un comentario