FROITA E LEITE NA ESCOLA

A semana do leite e a froita celébrase porque nos brinda a oportunidade de enfocar toda a nosa atención no leite e na froita, alimentos moi importantes no desenvolvemento do corpo nestas idades. Un dato que resulta curioso é que moitas veces os nen@s non toman froita polo simple feito de que como ven que os seus compañeir@s traen bolos industriais ou produtos moi procesados, traen o mesmo para non ser distintos ao resto dos seus compañeir@s, o que non ten sentido porque cada un debe comer o que lle gusta.
 
Hai un par de anos, este programa levouse a cabo en 656 centros educativos e se espera que este ano as cifras aumenten.
 
O Fogga é o organismo pagador dos fondos europeos agrícolas en Galiza: Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FOGGA). 

Grazas ao FOGGA no noso centro eliximos froita fresca e de tempada, e leite amparado nun Réxime de Calidade Galega 100%, apoiando aos nosos gandeiros e gandeiras. Traballando para promover os hábitos de vida saudable e o consumo responsable.

A importancia de levar unha vida activa

A IMPORTANCIA DE LEVAR UNHA VIDA ACTIVA 😀

É importante levar unha vida activa para a nosa saúde física e mental. Levar unha vida activa non significa estar as 24 horas do día adestrando fóra pero tampouco significa estar todo o día pegado ao sofá. Ten que haber un equilibrio entre os dous.😸

Cuándo es mejor comer la fruta, ¿al principio o al final de las ...
Imaxe tomada de deia.eus

Visitar estas ligazóns para máis información:

Plan Gallego para el Fomento de la Actividad Física Galicia Saludable

https://www.xunta.gal/plans-e-actuacions?content=/Portal-Web/Contidos/Actuacions/actuacion_0010.html&langId=es_ES

Imaxe tomada de horajaen.com