SESIÓNS NUTRIESCOLAS POLAS AULAS

💁‍♀️ Seguimos coas sesións do noso proxecto, Nutriactívate co Macías!

Nas primeiras sesións, alumnas e alumnos de Proxecto Competencial de 1º e 2º ESO presentaron o proxecto en cada unha das clases de referencia, e explicaron aos compañeiros/as como cubrir a enquisa de hábitos alimentarios. Tamén o alumnado de 1º ESO impartiu esta sesión no grupo de 3º PDC.

Desta vez, o alumnado 1º ESO (tamén da materia de PC) impartirá un obradoiro sobre o manexo do Nutri-score no grupo de 3º PDC, unha ferramenta empregada en España para orientar as persoas consumidoras sobre a información nutricional dos produtos.

Imaxe tomada de boticariagarcia.com

Esperamos que vos guste! Deixade comentarios!!  💻

👀 Actualización! aquí tedes un par de fotos destas sesións:

                  

CARTACES FROITA DE TEMPADA ALUMNADO PC 1º ESO

🥑🍎🍐🍊Velaquí os cartaces de Froita de Tempada elaborados polo alumnado da materia de Proxecto Competencial de 1º ESO. 

👀 Non lles perdas ollo!