💁♀️ Seguimos coas sesións do noso proxecto, Nutriactívate co Macías!
Nas primeiras sesións, alumnas e alumnos de Proxecto Competencial de 1º e 2º ESO presentaron o proxecto en cada unha das clases de referencia, e explicaron aos compañeiros/as como cubrir a enquisa de hábitos alimentarios. Tamén o alumnado de 1º ESO impartiu esta sesión no grupo de 3º PDC.
Desta vez, o alumnado 1º ESO (tamén da materia de PC) impartirá un obradoiro sobre o manexo do Nutri-score no grupo de 3º PDC, unha ferramenta empregada en España para orientar as persoas consumidoras sobre a información nutricional dos produtos.
Imaxe tomada de boticariagarcia.com |
Esperamos que vos guste! Deixade comentarios!! 💻
👀 Actualización! aquí tedes un par de fotos destas sesións:
A miña esperenza como voluntaria das exposicións de Proxecto Competencial foi moi boa e a repetiría xa que todos foron moi amabeis e educados con nós.
ResponderEliminarNeste proxecto Ana, a profesora, currouse moito esto e foi moi divertido porque a verdade, é que eu non sabía estes datos dos alimentos e grazas a este proxecto xa sei facer moitas cousas que antes non ! Moitas grazas !
ResponderEliminarGustounos moito facer esta exposición, sentímonos moi cómodos/as.
ResponderEliminarEsperamos que vos gustase moito.
Esta foi unha das mellores materias que puiden elixir. Eu vine proxecto competencial so para probar, e foi unha boa elección. Gustaríame repetir esta materia millóns de veces, e moi divertida e interesante. Sobre todo me gusta facer traballos no portátil.
ResponderEliminarGrazas a esta actividade que realizamos, socializamos cos nenos de terceiro PDC (pasámolo moi ben) e ensinámoslles novos conceptos. Ademais foi toda unha experiencia xunto ca nosa profe Ana.
ResponderEliminarAsi que moitas grazas!
Gustame moito esta materia é unha das mellores debido a que mellora a nosa competencia dixital e a nosa vida saudable
ResponderEliminar
ResponderEliminarEsta experiencia foi unha das mellores, cos alumnos de 3ºPDC e oxalá volver a repetila con calquera outra clase.
Gustoume moito facer esta actividade xa que non estou acostumada a falar con xente de cursos superiores. Vin aos compañeiros de 3º PDC moi interesados no que explicamos e en calcular o nutriscore dos productos que lles dimos. Foi unha experiencia moi entretida e agradable que me gustaría repetir ao longo do curso.
ResponderEliminarEsta materia e unha das mellores materias por que e moi divertida e gustame por que paso o tempo cos compañeiros
ResponderEliminarFoi unha actividade entretida na que lle aprendemos aos compañeiros de 3º PDC como funcionaba e se calculaba o nutri-score.
ResponderEliminarO luns 19 de febreiro presentamos un traballo do nutriescore na clase de 3º PDC, foi moi entretido e ademais enmostramoslles a vez que nós aprendiamos.
ResponderEliminar