O prato de Harvard

O PRATO DE HARVARD

O prato de Harvard é un prato que substitúe e mellora a tradicional pirámide alimentaria, creado para cambiar o noso concepto de como é unha dieta equilibrada.

Os expertos en nutrición da Escola de Saúde Pública de Harvard crearon esta guía para comer de maneira saudable e equilibrada, válida para nenos, adultos e anciáns. Non é necesario aplicar estrictamente esta distribución en cada inxesta, pero debería servirnos como base para o reparto de nutriente ao largo da xornada e nas comidas principais, xa sea na casa, no colexio, no traballo, nun restaurante, etc.

Levar unha vida activa e unha alimentación saudable e adecuada as nosas necesidades é unha das mellores medidas preventivas para manter unha boa saúde e evitar a aparición de enfermedades non transmisibles como a diabetes, algúns tipos de cancro ou enfermidades cardiovasculares.

Organización do prato de Harvard

·A metade do prato deben ser vexetais e froitas.

Recomendase ir variando o tipo de froitas e verduras e optar por un consumo en cruo ou priorizando técnicas de cocción máis saudables como o forno, a cocción ao vapor e á plancha. Para aproveitar ao máximo o seu sabor e propiadades hai que buscar froitas e verduras de tempada. Ollo, a pataca e o boniato non se inclúen neste grupo. 

·Un cuarto do prato serán hidratos de carbono complexos.

Debemos escoller grans integrais ou alimentos elaborados con grans integrais (pan integral, pasta integral, etc.). Tamén podemos incluir féculas como a pataca ou o boniato, preferiblemente asados ao vapor.

·Un cuarto do prato para as proteínas.

Limita o consumo de carne vermella e prioriza o de pescados, ovos, aves, legumes ou proteína vexetal. Débense evitar as carnes procesadas como embutidos, beicon, etc.

Imaxe tomada de: www.exponential.academy/blog

No hay comentarios:

Publicar un comentario