📢 Arranca o novo curso e, un ano máis, o noso proxecto sobre alimentación saudable e vida activa, que leva por título Nutriactívate co Macías! Con el formamos parte da comunidade do Plan Proxecta+, dentro do programa Nutriescolas.


O alumnado de 1º, 2º, 3º ESO A e B, xunto co alumnado de 1ºBAC A e B dinamizarán este blog para poder visibilizar o traballo desenvolvido ao longo deste novo curso 2024-2025:

N U T R I A C T Í V A T E    C O    M A C Í A S

O departamento coordinador será Educación Física, e contará coa colaboración dos titores e titoras dos grupos, traballando así as diferentes competencias clave de xeito interdisciplinar.

C O M E Z A M O S!! 😊