EXPOSICIÓN FINAL

 REMATE DO PROXECTO CURSO 2023-24!

Outro curso que vai alá... pero felices de iniciarnos neste proxecto tan bonito e necesario: Nutriactívate co Macías!!


Foron moitas as aprendizaxes, experiencias e vivencias (que tedes resumidas ao longo deste primeiro ano de Blog 😉). Sobre todo, esperamos que sexa o inicio dun gran cambio positivo para o centro e para toda a xente que o rodea. Quedámonos cunha sensación moi agradábel

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Coñecías o noso proxecto ou algunha das súas accións? (Por exemplo, a través do logo, o blog, actividades, rutas, torneos, concursos, froita de tempada...). Número de respuestas: 98 respuestas.

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Paréceche importante que no teu centro educativo se desenvolvan proxectos deste tipo?. Número de respuestas: 98 respuestas.

Para o ano esperamos acadar o 100% !! 👏👏👏



Vémonos en setembro! Nutriactívate co Macías💪💚

O NOSO LOGO EN TEXTURAS

🎨👩🏻‍🎨 O alumnado de 1º ESO, desde a materia de Educación Plástica e Visual, elaborou diferentes deseños do logo do noso proxecto en diferentes texturas. 

Con eles completamos a nosa exposición na Semana Nutriescolas. Xusto a tempo!! Parabéns aos e ás artistas!!

👀 Non perdades ollo!

                                
  
                                                

SEMANA NUTRIESCOLAS

Xa está aquí a SEMANA NUTRIESCOLAS!!

Para rematar o noso proxecto, organizamos unha actividade final de exposición de todo o traballado ao longo deste curso. Convidámosvos a pasar polo expositor da entrada do IES durante os recreos desta semana (desde o luns 17 ao xoves 20 de xuño), preguntarnos dúbidas e facernos as observacións que consideredes. O alumnado que formou parte do equipo estará encantado de atendervos. 😉

👉 Ademais, disporemos dun portátil para que poidades, se así o desexades, participar no noso sinxelo cuestionario (e levar unha pegatina do noso logo de agasallo!!😜).






ESCALEIRAS SAUDABLES

CHANZOS CON SAÚDE!!

🪜🥦 Como última actividade antes da exposición final, fixemos que as nosas escaleiras da entrada principal e as do lado do ximnasio contasen con chanzos con saúde.

💁‍♀️ O alumnado de Proxecto Competencial formulou frases que animaban a seguir bos hábitos alimentarios e de actividade física, como "Sae da gruta e fai as nosas rutas", "Déixate de coca colas e fomenta as nutriescolas" ou "- azucre, + verdura". Contamos tamén coa colaboración do alumnado de Anatomía Aplicada de 1º Bacharelato.

👀 Deixámosvos fotos do "making of" e do resultado:

                                 
       

                                           

TORNEOS DEPORTIVOS

Chega o fin do 3º Trimestre...e velaquí presentamos o resumo do:

 II Torneo da KINGS LEAGUE Futsal Macías!

Moitas grazas a tódalas persoas que o fixeron posible: profesoras, alumnado de 2º ESO-PC, alumnado participante no torneo así como o alumnado voluntario que axudou na arbitraxe!! GRAZAS⚽


EQUIPOS PARTICIPANTES:





Aqui vos presentamos o regulamento que estivemos usando estas xornadas do principio ata o fin:




Como vedes...tamén temos cartas de vantaxes!!! Foron especialmente deseñadas para axudar aos equipos participantes durante os partidos. Cada equipo escolle ao azar unha carta, que pode utilizar durante o transcurso do mesmo no momento que desexe. 

Pero unha vez máis gardaremos o segredo sobre as vantaxes que conteñen😉




CALENDARIO DE COMPETICIÓN



Finalmente despois das xornadas disputadas xa temos o equipo gañador:

 parabéns SEN NOME!!

MESA DE CULTIVO

 PLANTACIÓN DE SEMILLEIROS!🌿🍅


Grazas a que o noso centro foi seleccionado como beneficiario do "Programa escolar de consumo de Froitas" recibimos unha mesa de cultivo con sementes de cenorias e tomates Cherry (medida cofinanciada coa axuda da Comunidade Europea e da Xunta de Galicia).






Polo tanto, dende Proxecto Competencial-Nutriactívate co Macías puxémonos mans á obra!

  • Primeiro decidimos comezar coa plantación de semilleiros:

  • Logo, esperamos unhas semanas a que as sementes comezaran a medrar:



  • Por último, trasplantamos algunhas das plantas á mesa de cultivo!





Et volià!😉