HELLO, CANADA! 🍁
🇨🇦 O alumnado de Proxecto Competencial de 1º ESO formulou, no mes de novembro, unha serie de preguntas para enviar á profesora de Inglés, membro do equipo Nutriescolas, durante a súa estadía en Canadá. Este cuestionario foi transmitido ao alumnado canadense, para que, ao regreso da profe, o noso alumnado tivese un feedback sobre os hábitos de alimentación e actividade física na poboación dese país.
👉 Con toda esta información, o alumnado de 1º e 2º ESO elaborou pósters que recompilaban as claves dos hábitos alimentarios e de actividade física canadense. Velaquí os tedes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario