FROITA E LEITE NA ESCOLA: 1ª quenda

👏😋 Xa está está en marcha no Macías o programa FROITA E LEITE NA ESCOLA!!

Nesta 1ª quenda, que comezou o xoves 25 de xaneiro durante os 2º recreos, a protagonista é a mazá (ademais do leite, claro!). Animádevos a coller a vosa peza de froita e o voso cartón de leite, produtos saudables, de tempada e cercanía. 🍏🥛

💁‍♀️ Para lembrar en que consiste este programa, deixámosvos esta ligazón á entrada que preparou o alumnado no 1º trimestre:

https://nutriactivatemacias.blogspot.com/search/label/Froita%20e%20leite%20na%20escola

Enquisa hábitos alimentarios alumnado 3º-4ºESO

 📢 Toca coñecer os hábitos alimentarios do alumnado do Macías!!

Imaxe tomada de vanguardia.com

🗒️ Para isto, empregando o material do Plan Proxecta (proxecto Nutriescolas) deseñamos un cuestionario que permitirá coñecer algúns aspectos relacionados coa alimentación. 

FOOD IN CANADA AND HEALTHY HABITS

HELLO, CANADA! 🍁

🇨🇦 O alumnado de Proxecto Competencial de 1º ESO formulou, no mes de novembro, unha serie de preguntas para enviar á profesora de Inglés, membro do equipo Nutriescolas, durante a súa estadía en Canadá. Este cuestionario foi transmitido ao alumnado canadense, para que, ao regreso da profe, o noso alumnado tivese un feedback sobre os hábitos de alimentación e actividade física na poboación dese país.

👉 Con toda esta información, o alumnado de 1º e 2º ESO elaborou pósters que recompilaban as claves dos hábitos alimentarios e de actividade física canadense. Velaquí os tedes: