💁♀️ Seguimos coas sesións do noso proxecto, Nutriactívate co Macías!
Nas primeiras sesións, alumnas e alumnos de Proxecto Competencial de 1º e 2º ESO presentaron o proxecto en cada unha das clases de referencia, e explicaron aos compañeiros/as como cubrir a enquisa de hábitos alimentarios. Tamén o alumnado de 1º ESO impartiu esta sesión no grupo de 3º PDC.
Desta vez, o alumnado 1º ESO (tamén da materia de PC) impartirá un obradoiro sobre o manexo do Nutri-score no grupo de 3º PDC, unha ferramenta empregada en España para orientar as persoas consumidoras sobre a información nutricional dos produtos.
![]() |
Imaxe tomada de boticariagarcia.com |