VISITA CLESA

O pasado xoves 21 de marzo, o alumnado que cursa a materia de Proxecto Competencial de 1º e 2º ESO no IES Macías o Namorado visitou a fábrica de CLESA, localizada en Caldas de Reis (Pontevedra). 

CLESA é unha das marcas de produtos lácteos pertencentes á cooperativa CLUN, referente no sector agrogandeiro galego, que aposta pola sostibilidade e presenta un modelo de compromiso coa innovación e a calidade dos seus produtos.                                

Esta saída foi organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e de Educación Física, ambos os dous coordinadores do noso proxecto, Nutriactívate co Macías!, co que neste curso 2023/2024 participamos no programa Nutriescolas (dentro do Plan Proxecta+).

                                    

Xa que temos como obxectivo promocionar hábitos saudables no alumnado e resto da comunidade educativa, tanto desde o punto de vista da alimentación como da actividade física. Por este motivo, consideramos de gran interese a realización desta visita, pois os rapaces e rapazas que asistiron coñeceron de primeira man a fabricación de varios produtos lácteos e visitaron brevemente parte das instalacións. Tamén puideron probar algunhas das variedades de iogur (e incluso propoñer sabores novos!) e dar opinión sobre o novo logo e packaging dos produtos actuais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario