Esta semana poñemos en marcha as nosas RUTAS DE LECER!!🚶♀️🚶♂️
O obxectivo das mesmas é animar a alumnado e profesorado a camiñar durante o tempo de lecer, percorrendo a contorna do noso centro, gozando da paisaxe e obtendo así beneficios para o noso corpo e a nosa mente. 🫀🧘♀️🧘♂️
O alumnado da materia de Proxecto Competencial deseñou un par de rutas (unha curta e outra longa), mediu os pasos e a distancia, e elaborou a cartelería que a partir do 1 de maio esperamos ter colocada na súa totalidade. 😊
👀 Velaquí as mostras dos carteis:
.
.
💪💪 E ti, anímaste a camiñar 1 km cada día?
No hay comentarios:
Publicar un comentario