PREMIOS CONCURSO SAE DO SAL!

O pasado venres 24 de maio fixemos entrega dos premios do concurso SAE DO SAL!

Os premios consistiron en merendas saudables e un pequeno agasallo para os mellores carteis publicitarios con sloganes que animasen a reducir o consumo de sal. 🍎🥛🎁

Velaquí os carteis gañadores: 🤩🏆🏆 

                                    

NO MACÍAS, SEGUIMOS APOSTANDO POR UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE!

FROITA DE TEMPADA 2ª PARTE

🥑🍎🍐🍊Nesta quenda de maio, gustaríanos amosar algúns dos cartaces da Froita de Tempada elaborados polo alumnado da materia de Proxecto Competencial de 1º ESO. 

👀 Que vos parecen?  

                   

Semana mundial de sensibilización sobre o consumo de sal

Do 13 ao 19 de maio, celébrase este ano a SEMANA MUNDIAL DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE O CONSUMO DE SAL.

🧐 O principal obxectivo é sensibilizar e concienciar á poboación da diminución do consumo de sal e, desta forma, previr enfermidades, sobre todo de orixe cardiovascular.

Imaxe tomada de worldactionsalt.com

📝 As recomendacións da OMS para a redución da inxesta de sal son as seguintes:
  • Para os adultos, a OMS recomenda unha inxesta inferior a 2000 mg/día do sodio (o equivalente a menos de 5 g/día do sal: pouco menos dunha culleriña).
  • No caso dos nenos/as de 2 a 15 anos, a OMS recomenda axustar as doses do adulto a baixa en función das necesidades enerxéticas daqueles. Esta recomendación para os nenos non atañe ao período de lactancia materna exclusiva (0-6 meses) nin á alimentación complementaria durante a lactancia materna (6-24 meses).
  • Todo o sal que se consome debería ser sal iodado (fortificado con iodo), algo esencial para o desenvolvemento do cerebro do feto e do neno/a de corta idade e para optimizar as funcións mentais das persoas en xeral.
👉 Para saber máis sobre o sal, visita o seguinte artigo da OMS sobre a redución da inxesta de sodio. 

FROITA E LEITE NA ESCOLA: 2ª quenda

👏😋 Xa está en marcha no Macías o programa FROITA E LEITE NA ESCOLA!!

Esta 2ª quenda comeza o venres 10 de maio durante os 2º recreos. Animádevos a coller a vosa peza de froita e o voso cartón de leite (a partir do luns 13), produtos saudables, de tempada e cercanía. 🍏🥛

💁‍♀️ Para lembrar en que consiste este programa, deixámosvos esta ligazón á entrada que preparou o alumnado no 1º trimestre:

https://nutriactivatemacias.blogspot.com/search/label/Froita%20e%20leite%20na%20escola

RETO 21 DÍAS SAUDABLES

SÚMASTE AO RETO?💪

🚨🚨O alumnado de 2º E.S.O. deseñou un reto saudábel para aplicar durante 21 días, con pequenos cambios  que mellorarán a túa saúde no día a día


         

             
     
             

               

                




XORNAL SAUDABLE

 SEMANA DA PRENSA 2024💻📚