Do 13 ao 19 de maio, celébrase este ano a SEMANA MUNDIAL DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE O CONSUMO DE SAL.
🧐 O principal obxectivo é sensibilizar e concienciar á poboación da diminución do consumo de sal e, desta forma, previr enfermidades, sobre todo de orixe cardiovascular.
Imaxe tomada de worldactionsalt.com |
📝 As recomendacións da OMS para a redución da inxesta de sal son as seguintes:
- Para os adultos, a OMS recomenda unha inxesta inferior a 2000 mg/día do sodio (o equivalente a menos de 5 g/día do sal: pouco menos dunha culleriña).
- No caso dos nenos/as de 2 a 15 anos, a OMS recomenda axustar as doses do adulto a baixa en función das necesidades enerxéticas daqueles. Esta recomendación para os nenos non atañe ao período de lactancia materna exclusiva (0-6 meses) nin á alimentación complementaria durante a lactancia materna (6-24 meses).
- Todo o sal que se consome debería ser sal iodado (fortificado con iodo), algo esencial para o desenvolvemento do cerebro do feto e do neno/a de corta idade e para optimizar as funcións mentais das persoas en xeral.
👉 Para saber máis sobre o sal, visita o seguinte artigo da OMS sobre a redución da inxesta de sodio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario