RUTAS DE LECER

Esta semana poñemos en marcha as nosas RUTAS DE LECER!!🚶‍♀️🚶‍♂️

O obxectivo das mesmas é animar a alumnado e profesorado a camiñar durante o tempo de lecer, percorrendo a contorna do noso centro, gozando da paisaxe e obtendo así beneficios para o noso corpo e a nosa mente. 🫀🧘‍♀️🧘‍♂️

O alumnado da materia de Proxecto Competencial deseñou un par de rutas (unha curta e outra longa), mediu os pasos e a distancia, e elaborou a cartelería que a partir do 1 de maio esperamos ter colocada na súa totalidade. 😊

👀 Velaquí as mostras dos carteis:


                           .                          

                              .         

💪💪 E ti, anímaste a camiñar 1 km cada día?

CONCURSO SAE DO SAL!

📢📢 Xa está aquí o noso concurso!!

Co motivo a Semana Mundial de Sensibilización sobre o consumo de Sal, propoñemos participar a todo o alumnado do IES Macías o Namorado no noso concurso, SAE DO SAL! 🫙🫙

👉 Podedes consultar toda a información, incluídas as bases do concurso nas seguintes infografías (tamén as tedes na corcheira da vosa aula, e no noso novo recuncho na entrada do instituto):


⚠️🗓️ Tedes ata o 9 de maio para entregar as vosas creacións publicitarias. Que flúa a creatividade!!

CARTEIS VIDA SAUDABLE

Publicitando a vida saudable 😀

O alumnado de 1º e 2º ESO, nas titorías e na materia de Lingua Castelá, traballou a publicidade a través do deseño de cartaces que incluísen slogans procuradores dunha vida máis saudable.

Deixámosvos varios exemplos, esperamos que vos gusten!
















REPENSA A TÚA DESPENSA

 APRENDE A MANEXAR A TARXETA AMARELA 👌

O alumnado de Proxecto Competencial de 1º e 2º ESO, aprendeu a interpretar a tarxeta amarelaunha ferramenta proposta pola Consellaría de Sanidade para axudar as persoas a tomar decisións saudables á hora de facer a compra.


🤔 A diferenza do Nutri-score, esta tarxeta non vai outorgar unha letra a cada produto segundo sexa máis ou menos saudable, senón que simplemente informa ao consumidor/a de se ese produto que está a mercar ten un contido baixo (asociado a “máis saudable”), medio ou alto (asociado a “menos saudable) dos seguintes nutrientes:

  • Graxas e graxas saturadas

  • Azucres simples

  • Sal e sodio

Deste xeito, poderemos facernos unha idea de como o consumo dese produto repercutirá na nosa saúde. Como norma xeral, debemos evitar produtos que obteñan puntuacións de cor vermella, pero é especialmente importante se por exemplo temos algunha recomendación médica, por exemplo, nos casos de hipertensión, diabetes, etc.

🧐 Co obxectivo de analizar a “oferta alimentaria” en distintos ámbitos deseñamos unha sinxela actividade que consistía en facer unha análise da alimentación dentro do núcleo familiar.

💁‍♀️ Despois de aprender a utilizar a tarxeta amarela na clase (ver fotos da sesión, na que analizaban os envases dos produtos que xa estudaran segundo o Nutri-score), unha vez na casa debían seleccionar 5 alimentos da despensa e decidir se eran saudables ou non, tendo en conta a tarxeta amarela.

                    

Different types of food in the world

Different types of food in the world!! 🌎

En 1º de ESO estivemos traballando na materia de Inglés sobre as diferentes comidas tradicionais arredor do mundo. 🥗🥘🫕

👀 Aquí deixámosvos os resultados ao noso traballo, esperamos que vos guste!