FROITA DA TEMPADA 2º ESO
4 DE MARZO, DÍA MUNDIAL CONTRA OBESIDADE
📆 Hoxe, 4 de marzo, é o Día mundial contra a obesidade. Desde a Organización Mundial da Saúde recomendan estes 3 hábitos para previla:
SESIÓNS NUTRIESCOLAS POLAS AULAS
💁♀️ Seguimos coas sesións do noso proxecto, Nutriactívate co Macías!
Nas primeiras sesións, alumnas e alumnos de Proxecto Competencial de 1º e 2º ESO presentaron o proxecto en cada unha das clases de referencia, e explicaron aos compañeiros/as como cubrir a enquisa de hábitos alimentarios. Tamén o alumnado de 1º ESO impartiu esta sesión no grupo de 3º PDC.
Desta vez, o alumnado 1º ESO (tamén da materia de PC) impartirá un obradoiro sobre o manexo do Nutri-score no grupo de 3º PDC, unha ferramenta empregada en España para orientar as persoas consumidoras sobre a información nutricional dos produtos.
![]() |
| Imaxe tomada de boticariagarcia.com |
CARTACES FROITA DE TEMPADA ALUMNADO PC 1º ESO
🥑🍎🍐🍊Velaquí os cartaces de Froita de Tempada elaborados polo alumnado da materia de Proxecto Competencial de 1º ESO.
👀 Non lles perdas ollo!





FROITA E LEITE NA ESCOLA: 1ª quenda
👏😋 Xa está está en marcha no Macías o programa FROITA E LEITE NA ESCOLA!!
Nesta 1ª quenda, que comezou o xoves 25 de xaneiro durante os 2º recreos, a protagonista é a mazá (ademais do leite, claro!). Animádevos a coller a vosa peza de froita e o voso cartón de leite, produtos saudables, de tempada e cercanía. 🍏🥛
💁♀️ Para lembrar en que consiste este programa, deixámosvos esta ligazón á entrada que preparou o alumnado no 1º trimestre:
https://nutriactivatemacias.blogspot.com/search/label/Froita%20e%20leite%20na%20escola
Enquisa hábitos alimentarios alumnado 3º-4ºESO
📢 Toca coñecer os hábitos alimentarios do alumnado do Macías!!
| Imaxe tomada de vanguardia.com |
🗒️ Para isto, empregando o material do Plan Proxecta (proxecto Nutriescolas) deseñamos un cuestionario que permitirá coñecer algúns aspectos relacionados coa alimentación.
FOOD IN CANADA AND HEALTHY HABITS
HELLO, CANADA! 🍁
🇨🇦 O alumnado de Proxecto Competencial de 1º ESO formulou, no mes de novembro, unha serie de preguntas para enviar á profesora de Inglés, membro do equipo Nutriescolas, durante a súa estadía en Canadá. Este cuestionario foi transmitido ao alumnado canadense, para que, ao regreso da profe, o noso alumnado tivese un feedback sobre os hábitos de alimentación e actividade física na poboación dese país.
👉 Con toda esta información, o alumnado de 1º e 2º ESO elaborou pósters que recompilaban as claves dos hábitos alimentarios e de actividade física canadense. Velaquí os tedes:









